Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

O Concello amplía a área recreativa do Areal e dota de aseos públicos o entorno

Gallego

A intervención contou cun investimento cercano ós 40.000 euros

Cabanas, 30 de xaneiro de 2017. O Concello de Cabanas vén de concluír os traballos de ampliación da zona recreativa do Areal coa instalación dunha cuberta de madeira tratada con forma hexagonal, a xogo coa temática do mobiliario urbano existente na zona e cuberta dun panel imitación á tella. Unha infraestrutura que permite sumar metros á área de xogos.

Así mesmo, o alcalde, Germán Castrillón, explicou que ó abeiro da mesma intervención o Concello procedeu á construción duns aseos públicos anexos á edificación que alberga o Punto de Información Turística do Concello, xa que a zona carecía deste tipo de servizos. Aseos que se dotaron de pezas sanitarias antivandálicas.

A actuación permite deste xeito sumar un novo atractivo á zona, á beira da praia da Madalena e do paseo marítimo. Un espazo central para o ocio e disfrute de veciños e visitantes.

As obras contaron cun orzamento de 39.759,03 euros, que se financiaron con cargo ó Plan de Acción Social da Deputación.

Image: 
Tags: