Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Ruta este domingo en Cabanas para descubrir o seu patrimonio megalítico

Gallego

Trátase dunha ruta circular promovida pola Asociación de Veciños de Cabanas e Irís, en colaboración co Concello e arrancará ás 9 horas

Non é preciso inscrición previa para tomar parte na iniciativa

Cabanas, 25 de xaneiro de 2017. A Asociación de Veciños de Cabanas e Irís, en colaboración co Concello de Cabanas, dan a coñecer este domingo, 29 de xaneiro, o rico patrimonio megalítico do municipio a través dunha ruta circular deseñada en base ós antigos camiños existentes de planos do século XIX.

A "Ruta Megalítica Cabanesa” ten como punto de partida e chegada a Tafona (diante da casa consistorial) e consta de 15 quilómetros a cubrir con dificultade media-baixa. Estímase a súa duración en catro horas e arrancará do punto sinalado ás 9 h.

A organización destaca o carácter gratuíto da iniciativa e sinala que non é preciso inscrición previa. Iso si, recoméndase levar bastón ou pau para axudar na andada.