Convocatoria Pleno 25/01/2017

O  mercores día 25 de xaneiro de 2017 ás 19:30 horas, terá lugar unha sesión ordinaria do Pleno da Corporación, no salón de sesión da Casa do Concello. Este pleno contará ca seguinte orde do día:

1.- Aprobación se procede de actas de sesións anteriores. 

2.- Modificación Ordenanza taxa por expedición documentos administrativos.

3.- Proposta Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (Plan único de concellos) "POS+2017"

4.- Declaración de especial interese explotacións gandeiras a efectos bonificación IBI. 

5.- Elección xuíz de paz substituto de Cabanas.

6.- Nomeamento de representante da administración actuante na Xunta de Goberno da entidade urbanística de conservación do Polígono Industrial de Vilar        do Colo. 

7.- Adhesión ao convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fegamp sobre HSUE. 

8.- Accesibilidade de persoas con discapacidade: Proposición grupo socialista.

9.- Imposición taxa pola utilización ou aproveitamento do dominio público local polas empresas titulares de instalacións de transporte de enerxía eléctrica, gas      ou hidrocarburos: Proposicións do concelleiro de PDDdG e do concelleiro do BNG.

10.- Revisión de valores catastrais: Proposición,do concelleiro de PDDdG. 

11.- Transferencia e gratuidade da AP-9: Proposición do concelleiro do BNG. 

Parte de control órganos da Corporación. 



12.- Informes da Presidencia. 

      a) Resolucións da Alcaldía.

13.- Rogos e preguntas.