Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas estrea nova imaxe institucional

Gallego

A Universidade de Santiago asina o deseño, que protagonizan o fento como representante da Fraga e o delta da desembocadura como nexo co mar

O novo manual de imaxe institucional inclúese no proxecto de promoción turística “Cabanas: a Fraga Feita Mar”, subvencionado polo GALP

Cabanas, 24 de xaneiro de 2017. O Concello estrea nova imaxe corporativa. E faino no marco do proxecto de promoción turística “Cabanas, a Fraga Feita Mar”. O alcalde, Germán Castrillón, explicou que o Concello dispón agora dun manual de imaxe institucional que marcará as pautas de todas as comunicacións municipais en canto ó logotipo oficial e a súa presenza nos diferentes soportes. O novo logotipo foi ideado e deseñado pola Universidade de Santiago de Compostela e, no seu traballo, tivo moi presente a identidade particular do termo municipal.

Así, a imaxe está representada por dous símbolos naturais do río Eume, que actúa como elemento integrador: o fento como representante da Fraga e o delta da desembocadura como nexo co mar. Aínda que ambos se integran un no outro, o delta preséntase tamén como raíz do fento e a forma deste aseméllase ó curso do río flanqueado polas pendentes das ladeiras que o guían. Complétase co nome do municipio e o lema do proxecto turístico “A Fraga Feita Mar”.

Image: