Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Preto de 500 palistas daranse cita en Cabanas na Regata Amigable de Inverno

Gallego

Celebrarase este domingo, 22 de xaneiro, organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Cabanas KDM-Norinver e subvencionada polo GALP Norte e o Concello

Haberá paella e chocolate para os participantes e entregaráselles camisetas conmemorativas do Concello

Cabanas, 19 de xaneiro de 2017. Preto de 500 palistas se darán cita este domingo en Cabanas para tomar parte na terceira edición da súa Regata Amigable de Inverno. Un total de 474 deportistas procedentes de toda Galicia dispostos a disfrutar da competición e do entorno. Organizada polo Club Cabanas KDM-Norinver e a Federación Galega de Piragüismo, conta coa subvención do GALP Norte e do Concello. Os organizadores destacan a positiva evolución da competición, xa que en tres anos pasaron de 60 inscritos a 474. Haberá paella e máis chocolate quente para os participantes e o Concello faralles entrega dunha camiseta conmemorativa.

A regata está considerada polo comité técnico da Federación como control de 8.000 metros para as categorías cadete, xuvenil, sénior e veterana, e será amistosa para as categorías inferiores –cos infantís cubrindo 3.000 metros e os benxamíns e alevíns, 1.500-.

O evento desenvolverase no lugar do Día Oito e a saída realizarase a partir das 11 horas, da forma seguinte: canoa home, sénior, junior e cadete (11 h); kaiak muller, sénior, junior e cadete (11,03 h); canoa muller, sénior, junior e cadete (11,06 h); kaiak home, sénior e veterano (12 h) e kaiak home, junior e cadete (12,03 h).

En canto á regata amigable, a competición arrancará ás 13 horas, así: kaiak home, infantil “A” e “B” (13 h); kaiak muller, infantil “A” e “B” (13,04 h); canoa home e muller infantil “A” e “B” (13,08 h); home alevín “A” e “B” (13,30 h); muller alevín “A” e “B” (13,33 h), e home e muller benxamín (13,36 h).

A entrega de premios estímase sobre as 14 horas.

Tags: