Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

A campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor” chega a Cabanas este domingo

Gallego

A carpa informativa e inchables ubicaranse no Areal de 10,30 a 14,30 horas, en paralelo á celebración da Regata Amigable de Inverno

Cabanas, 18 de xaneiro de 2017. A campaña "Separemos ben, reciclaremos mellor” chega este domingo a Cabanas. Así, de 10,30 a 14,30 horas, e coincidindo coa celebración da Regata Amigable de Inverno, o Areal –na beirarrúa da farmacia-, albergará un punto de información atendido por educadores ambientais para facilitar a veciños e visitantes as claves sobre a correcta xestión dos residuos domésticos. A actividade complétase con inchables para os máis pequenos.

O obxectivo da campaña, que impulsan Ecoembes, Sogama e a Xunta, en colaboración dos concellos, é incidir sobre a importancia de mellorar a clasificación dos residuos xerados nos fogares. Desta forma, búscase como obxectivo primordial que cada concello logre reducir a cantidade de materiais non desexados nos colectores amarelos. Do mesmo modo, a campaña tamén incide sobre que residuos hai que depositar en cada tipo de colector, co fin de mellorar a reciclaxe.

 

Tags: