Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas invita a veciños e visitantes a participar na Ruta Megalítica Cabanesa

Gallego

Está organizada pola Asociación de Veciños de Cabanas e Irís, en colaboración co Concello e celebrarase o día 29

Deseñouse en base ós antigos camiños sinalados en planos do século XIX

Cabanas, 17 de xaneiro de 2017. A Asociación de Veciños de Cabanas e Irís, en colaboración co Concello de Cabanas, organiza a "Ruta Megalítica Cabanesa", unha ruta de sendeirismo coa que descubrir os diversos monumentos megalíticos do municipio. Un tramo deseñado en base ós antigos camiños existentes de planos do século XIX.

A ruta ten como punto de partida e chegada a Tafona (diante da casa consistorial) e celebrarase o 29 de xaneiro. Un total de 15 quilómetros a cubrir con dificultade media-baixa. Estímase a súa duración en catro horas e arrancará do punto sinalado ás 9 h.

A organización destaca o carácter gratuíto da iniciativa e sinala que non é preciso inscrición previa. Iso si, recoméndase levar bastón ou pau para axudar na andada.

Archivo: