A Regata Amigable de Inverno disputarase en Cabanas o domingo 22

Gallego

Aberto o prazo de inscrición na competición, organizada pola Federación Galega de Piragüismo e o Club Cabanas KDM-Norinver e subvencionada polo GALP Norte e o Concello

Os promotores confían en mellorar os rexistros do pasado ano, cando tomaron parte máis de 400 palistas procedentes de toda Galicia

Cabanas, 11 de xaneiro de 2017. O Concello de Cabanas albergará o domingo, 22 de xaneiro, a terceira edición da súa Regata Amigable de Inverno. Unha cita que, no 2016, reuniu a máis de 400 palistas procedentes de toda Galicia e a numeroso público disposto a disfrutar da competición e do entorno. Organizada polo Club Cabanas KDM-Norinver e a Federación Galega de Piragüismo, conta coa subvención do GALP Norte e do Concello, e o prazo de inscrición está aberto na páxina web da Federación ata o vindeiro 18.

A regata está considerada polo comité técnico da Federación como control de 8.000 metros para as categorías cadete, xuvenil, sénior e veterana, e será amistosa para as categorías inferiores –cos infantís cubrindo 3.000 metros e os benxamíns e alevíns, 1.500-.

O evento desenvolverase no lugar do Día Oito e a saída realizarase a partir das 11 horas, da forma seguinte: canoa home, sénior, junior e cadete (11 h); kaiak muller, sénior, junior e cadete (11,03 h); canoa muller, sénior, junior e cadete (11,06 h); kaiak home, sénior e veterano (12 h) e kaiak home, junior e cadete (12,03 h).

En canto á regata amigable, a competición arrancará ás 13 horas, así: kaiak home, infantil “A” e “B” (13 h); kaiak muller, infantil “A” e “B” (13,04 h); canoa home e muller infantil “A” e “B” (13,08 h); home alevín “A” e “B” (13,30 h); muller alevín “A” e “B” (13,33 h), e home e muller benxamín (13,36 h).

Os regulamentos están dispoñibles na web www.cabanas.es.

Image: 
Tags: