Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cabanas instala estruturas de madeira para cubrir os colectores do parque das Fragas

Gallego

O alcalde, Germán Castrillón, sinala que a iniciativa, subvencionada pola Consellería de Medio Ambiente, permitirá mellorar a imaxe do entorno

Cabanas, 05 de xaneiro de 2017. O O Concello de Cabanas iniciou a instalación de estruturas de madeira para cubrir os colectores de lixo no entorno do parque natural das Fragas do Eume. Mobiliario urbano que, segundo explicou o alcalde, Germán Castrillón, permitirá mellorar a imaxe nun espazo natural singular. A iniciativa está orzamentada en 39.737,10 euros e conta cunha achega da Consellería de Medio Ambiente procedente do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

As citadas estruturas dan cobertura ós colectores verdes, amarelos e azuis.

Image: 
Tags: