Subvencións municipais a asociacións e entidades sen fins de lucro 2016

          Aprobadas por resolución da Alcaldía de data 29 de novembro de 2016, as bases da convocatoria para concesión de subvencións municipais a asociacións e entidades sen fins de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades para o ano 2016, sométense a información pública na Secretaría do Concello polo prazo de quince días naturais, a contar desde o seguinte o da publicación deste anuncio no BOP, a efectos de exame e reclamacións. Ao mesmo tempo convócase a concesión de subvencións segundo as devanditas bases, podendo presentarse as solicitudes para o financiamento de actividades realizadas en 2016 no devandito prazo, segundo modelo que se facilitará nas oficinas municipais.