Bando Luminarias

DON GERMÁN CASTRILLÓN PERMUY, ACALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS (A CORUÑA)

         FAI SABER:

Que estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais luminarias, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Concellos poderán intervir a actividade dos seus administrados, entre outros casos, no exercicio da función de policía cando puidera existir perturbación ou perigo de perturbación da tranquilidade, salubridade ou seguridade cidadá, coa finalidade de restablecelas ou conservalas, e de acordo tamén co contido do Decreto 105/2006 polo que se regulan as medidas relativas á prevención de incendios forestais, onde se indica que está prohibido facer luminarias agás en festas locais ou de arraigada tradición cultural, para o que se precisar autorización previa do Concello,

 

         DISPOÑO:

 

Que o Concello de Cabanas habilitará espazos reservados para a realización de luminarias con motivo da festividade de San Xoán no entorno da Praia da Madalena, non estando permitido a realización de ningunha luminaria fóra destes espazos salvo autorización expresa.

Que as persoas interesadas na realización de calquera luminaria de San Xoán deberán comunicalo expresamente ó Concello de Cabanas mediante instancia en modelo oficial, antes do día 21 de xuño. O modelo da instancia-comunicación facilitarase no rexistro municipal e nel figurarán os datos relativos á persoa responsable, o seu teléfono de contacto, e-mail, o lugar onde se pretende celebrar, e as condicións que se expoñen a continuación:

 

  • O/a solicitante que asina dita instancia será o/a responsable do cumprimento destas normas e de que a zona onde se autoriza estea, ó día seguinte, en axeitadas condicións de limpeza e orde, tal e como se atopaba anteriormente, prohibíndose tapar con area os restos polo risco que isto conleva.
  • O volume do combustible da fogueira non superará en ningún caso os 3 metros de altura nin os 8 de perímetro.
  • A separación da fogueira con respecto de edificios ou árbores será, como mínimo, de 15 metros.
  • En ningún caso se situarán as luminarias debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos, nin preto de edificacións, bodegas ou almacéns de ningún tipo.
  • Prohíbese expresamente a queima de plásticos, aceites, pneumáticos, espumas de poliuretano, recipientes que conteñan ou puideran conter líquidos ou gases (esprays) aínda que estean baleiros, e, en xeral, calquera outra substancia que poida desprender fume tóxico,
  • Prohíbese tamén a queima de colchóns, somieres, mobles, caixas e calquera outro material que puidera conter restos que non fosen de fácil combustión como cravos ou metais.
  • As fogueiras poderán ser prendidas entre as 20:00 horas do día 23 atas as 01:00 do día 24.
  • Queda terminantemente prohibida a realización de fogueiras en calquera tipo de vía pública pavimentada, parques, xardíns ou zonas verdes en xeral.
  • Diante de calquera incidencia deberan informar o máis axiña posible ós servizos de emerxencia, ben a través do teléfono 112, ou ben directamente á Policía Local (650780123) ou Protección Civil (627950682).

 

No caso de que sexa detectado o incumprimento do deber de comunicación ou que aínda tendo feito esta, non se axuste ó previsto, os Servizos Municipais e a Policía Local poderán proceder á retirada dos materiais destinados á luminaria, sendo neste caso os custos da operación de conta dos responsables que tiveran feito o acopio do material.

 

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Tags: