Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Convenio co Club Cabanas KDM

O xoves día 14, o Concello de Cabanas asinou un convenio de colaboración co Club Cabanas KDM. Trátase este convenio dunha forma de colaboración ca entidade e atópase dentro dos programas de axuda que o consistorio ten coas diferentes asociacións e agrupacións que existen en Cabanas.

Por medio deste convenio, o consistorio colabora nas actividades organizadas polo Cabanas KDM mediante a cesión tanto de material deportivo para a realización das mesmas como unha achega de 5000€.

Esta colaboración entre o Concello de Cabanas e o Club Cabanas KDM non e nova, pois realízanse anualmente dúas regatas, a “Regata de Kaiak de Mar Concello de Cabanas”, que forma parte do Campionato Galego de Kaiak de Mar, e a Amigable de Inverno, abrindo a tempada anual, que nesta última edición superou os 400 participantes.

Ademais, o alumnado do CEIP Eladia Mariño terá a ocasión de realizar unha ruta combinada de sendeirismo e kaiak. Esta ruta comeza no piñeiral da Praia da Madalena, onde se poden apreciar unha ampla diversidade tanto vexetal coma animal. O percorrido transcorre pola Punta da Illa, a praia de Chamoso, o Río Castro (con visita ó muíño mareomotriz, onde escoitarán a súa historia), e as praias de Almieiras, Coído e a de Río Sandeo, para rematar no pobo de Redes. O regreso realizarano en kaiak, nun tramo de baixa complexidade e dunha vista excepcional, ata chegar ó areal de Cabanas en San Martiño do Porto.

tag: