Exposición da Copa do Rei de Baloncesto

O próximo xoves 28 de xaneiro, Ferrol será unha das cidades elixidas pola ACB de Baloncesto para promocionar  a celebración da Copa do Rei, para o que se realizará unha exposición abertaaos cidadans.

Conforme acordou a Concellería de Deportes, coa Asociación de Vlubs de Baloncesto, no Salón de Recepcións do Concello de Ferrol exporase a Copa do Rei o próximo día 28 de xaneiro, en horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas, nun acto aberto aos cidadáns.

As persoas que acudan poderá ser fotografados coa copa. As imaxes serán mostradas na páxina web da ACB e os participantes entrarán nun sorteo de material deportivo.

tag: