Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Adxudicada a redacción do PXOM

Sin definir

O Concello de Cabanas prosegue cos traballos destinados á elaboración dun Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), unha ferramenta imprescindible para ordenación urbanística de calquera municipio e do que carece na actualidade Cabanas. Xa con anterioridade tentouse levar a cabo a redacción de dito PXOM, sen que finalmente chegasen a bo porto por diferentes motivos. Nesta ocasión, sen embargo, o goberno municipal xa aprobou a adxudicación dos traballos de redacción deste Plan Xeral. 

Logo de levar a concurso público aberto o proceso de contratación, a empresa adxudicataria resultou ser a UTE formada por “DVega Arquitectura Territorio Medio Ambiente S.L” e “Proyestegal S.L.”, que recibirá 150.000 euros pola redacción do PXOM. Os traballos previos á redacción comezarán de forma inmediata, coa recollida de datos que permitan obter unha imaxe fidedigna da actual situación do Concello, así como elaborar as previsións de crecemento do mesmo que sirvan para a redacción do Plan Xeral. 

O seguinte paso neste proceso para a redacción do PXOM será o de entrega dos traballos de redacción do Plan Xeral para a súa remisión a informe previo á aprobación inicial, para o que a empresa adxudicataria disporá dun prazo máximo de dez meses a contar dende a firma do contrato.