Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Día contra a violencia de xénero

Sin definir

O Concello de Cabanas celebrará hoxe venres día 28 de novembro os diferentes actos previstos para conmemorar o "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero".

A xornada comezará co coloquio "A saúde e coidados da muller" que correrá a cargo de María del Carmen Rodríguez Cerdeira, licenciada en Medicina e Cirurxía e que actualmente traballa no Servizo de Dermatoloxía do Hospital Xeral "O Meixoeiro". O coloquio comezará ás 18:45 horas e terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Cabanas.

Posteriormente comezarán os actos propios do "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero", no que participará como poñente Araceli Mira García, licenciada en dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e que actualmente traballa como técnica do programa RODELA do Servizo Galego de Igualdade.

Tras a súa participación, o grupo musical Intermezzo dará un pequeno concerto e remataranse os actos cun viño de honra.