Revisións no Eladia Mariño

Sin definir

 

Logo do éxito acadado o ano pasado nas revisións gratuitas que se realizaron no C.E.I.P. Eladia Mariño xestionado pola Consellería de Servizos Sociais, neste novo curso escolar volverá a porse en marcha esta actividade. Nesta ocasión, ademáis da revisión odontolóxica que se fixo no ano pasado, nesta ocasión será como novidade unha revisión oftalmolóxica e audiolóxica. Deste xeito búscase seguir mellorando nos servizos prestados no colexio cabanés.

As revisións serán grazas a colaboración dos doutores Julio Novoa e Fernando Pereira, odontólogos, Abelardo Fonte, ortodoncista e tamén á Óptica Tábora de Pontedeume que serán os encargados de facer as revisións de audioloxía e oftalmoloxía.