Cabanas

Sin definir

Cabanas é un municipio costeiro situado á dereita do río Eume ata a súa desembocadura na ría de Pontedeume-Ares. Enmarcado na comarca Eumesa, limita cos concellos de Fene, A Capela, Pontedeume e Monfero.

O seu censo de poboación aproxímase ós 3.400 habitantes, repartidos xeográficamente en sete parroquias: Cabanas, Laraxe, Regoela, Irís, Porto, Salto e Soaserra, chegando ós 10.000 habitantes durante o verán.

Ofrece ós visitantes un amplo abano de posibilidades, a partir dunha multitudinaria praia de A Madalena, cun extenso piñeiral e provista de amplos servizos (sanitarios, duchas, aparacadoiros, etc.) e multiples posibilidades de diversión (vela, windsurf, mountain-bike, natación, sendeirismo, etc.)

As manifestacións máis antigas do home coñecidas no noso concello comezan coa cultura megalítica, para continuar co mundo castrexo e o mundo do Alto Medievo.