Inicio

Reunións Veciñais
  • Luns, 02 Novembro 2009

O Concello de Cabanas pensa realizar unha serie de reunión nas diferentes parroquias ó longo dos meses de novembro e decembro. Nestas reunión, o consistorio municipal buscará explicar ós vecinos e veciñas de Cabanas como se pretenden preparar os presupostos do próximo ano 2010. Nestas reunión tamén se escoitaran as suxerencias e as preguntas que os asistentes desexen realizar, co obxectivo de realizar os mellores presupostos posibles para o funcionamento do Concello de Cabanas, tendo en conta as necesidades de cada parroquia.

As reunións faranse nos diferentes locais sociais que hai no concello, para deste xeito poder favorecer que asista a maior parte dos veciños e veciñas de Cabanas. A hora das reunións será sempre ás 20:30 horas. O calendario previsto das reunións será o seguinte:

-         4 de novembro: Local Social de Santa Cruz

-         12 de novembro: Local Social de Lavandeira

-         18 de novembro: Local  Social de Laraxe

-         25 de novembro: Local Social de San Martiño de Porto

-         2 de decembro: Concello de Cabanas

Teatro no Concello
  • Xoves, 29 Outubro 2009

Dentro da programación cultural que se ofrece a través da Concellería de Cultura de Cabanas está previsto que mañá venres día 30 se ofreza unha obra de teatro. A hora para a representación será ás 20:30 horas e o lugar escollido o salón de plenos de Cabanas. A obra correrá a cargo do grupo de teatro “A Pombiña” sendo a obra a representar “Nin Dios entende ós homes”. A entrada será gratuíta.

Radio ECCA
  • Martes, 06 Outubro 2009

Un novo ano académico comeza, e como ben sendo habitual Radio ECCA en convenio coa Consellería de Educación comeza tamén coas súas actividades para a preparación de adultos para a obtención do título de Graduado en Secundario. E como non podía ser de outro xeito, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura volve a colaborar un ano máis, cedendo instalacións para que se poidan impartir clases. Estas serán os martes e mércores, en horario de 19:30 a 21:30 horas na Escola Laica. Todas aquelas persoas que desexen obter máis información acerca desta actividade, poden acudir o vindeiro xoves, 8 de outubro, ás 19:30 horas a unha reunión informativa na que se solventarán todas as dúbidas que poida haber.

Aberto o prazo de inscrición nas actividades do Concello
  • Venres, 18 Setembro 2009

Xa esta aberto o prazo para inscribirse nas diferentes actividades, tanto culturais como deportivas, que organiza o Concello de Cabanas. O prazo para apuntarse rematará o próximo día 30 de setembro. As solicitudes poderán enviarse a través de correo electrónica, na dirección cultura@cabanas.dicoruna.es ou ben entregalas no propio Concello de Cabanas, no departamento de cultura.

Ficha de inscrición en actividades

Domiciliación para actividades

Ficha de inscrición Escola de Música

Domiciliación Escola de Música

Santa Marta '09
  • Martes, 04 Agosto 2009

III Concentración de Vehículos Históricos
XX Cross Popular
Actuacións musicais
Degustación
XII Mostra de Artesanía

I Concurso de Castelos na Area
  • Martes, 21 Xullo 2009

O Concello de Cabanas pon en marcha outra actividade novidosa de cara o tempo de lecer durante o verán. Aproveitando o marco incomparable que supón a Praia de A Madalena, levarase a cabo a primeira edición dun Concurso de Castelos na Area. O día escollido para esta actividade será o próximo día 8 de agosto. A inscrición no concurso será gratuíta, non habendo límite de idade e podendo participar en tres categorías diferentes: infantil, xuvenil e adulto. Máis información nos seguintes links.

Bases I Concurso de Castelos na Area

Folla inscrición

 

Páxinas