Santa Marta '09
  • Martes, 04 Agosto 2009

III Concentración de Vehículos Históricos
XX Cross Popular
Actuacións musicais
Degustación
XII Mostra de Artesanía

I Concurso de Castelos na Area
  • Martes, 21 Julio 2009

O Concello de Cabanas pon en marcha outra actividade novidosa de cara o tempo de lecer durante o verán. Aproveitando o marco incomparable que supón a Praia de A Madalena, levarase a cabo a primeira edición dun Concurso de Castelos na Area. O día escollido para esta actividade será o próximo día 8 de agosto. A inscrición no concurso será gratuíta, non habendo límite de idade e podendo participar en tres categorías diferentes: infantil, xuvenil e adulto. Máis información nos seguintes links.

Bases I Concurso de Castelos na Area

Folla inscrición

 

Multiaventura 2009
  • Miércoles, 15 Julio 2009

O Concello de Cabanas, a través da súa Oficina de Información Xuvenil, ten previsto poñer en marcha unha serie de actividades lúdicas para este verán, agrupadas dentro do programa "Multiaventura 2009". Os días 30 e 31 de xullo e o 1 de agosto serán cando se leven a cabo, estando destinadas en principio a rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 12 e os 25 anos.

Rutas de sendeirismo, kayak, esnórquel, cama elástica, volei praia, surf ou escalada serán as diferentes opcións que se plantexan para aquelas persoas que decidan tomar parte neste programa. As prazas son limitadas e aqueles que desexen recadar máis información poderano facer a través do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.

Nos seguintes enlaces poderán descargar tanto o programa como a ficha de solicitude de inscrición:

Programa Multiaventura 2009

Ficha de inscrición 

III Concerto Escola de Música
  • Viernes, 19 Junio 2009

A Concellería de Cultura de Cabanas organiza para este próximo sábado un concerto de música, que correrá a cargo dos alumnos que estiveron a participar na Escola de Música. A actividade desenrolarase no Salón de Plenos do Concello, e a hora de comezo está prevista para as once da mañá. Este será o terceiro concerto que se organice a través desta Escola de Música, que supón unha iniciativa novidosa que botou a andar neste curso e que tivo unha gran acollida. No concerto que se dará participarán desde os rapaces e rapazas máis novos que participan nas clases de iniciación ata os máis maiores das clases de solfeo e guitarra.

Teatro en Cabanas
  • Jueves, 04 Junio 2009

Entre os actos que se están a celebrar no Concello de Cabanas co gallo do fin das actividades culturais e deportivas celebradas durante o curso 2008-2009, este próximo venres tócalle a quenda ós rapaces que tomaron parte no curso de teatro, aproveitando ademais para conmemorar o Día da Natureza. 

Deste xeito, a partir das 17:30 horas, a Escola Laica de Cabanas acollerá a representación da obra teatral titulada “Tía Cortés” e na que os actores serán os nenos e nenas que durante todo o ano estiveron a participar na actividade de teatro. Posteriormente, as 18:00 horas, collerá o testemuño o grupo Caramuxo Teatro, que levará a cabo a representación da obra de títeres “Historia dunha semente” e que suporá o acto central da conmemoración do Día da Natureza. A entrada para participar en ambas actividades é gratuíta.

Obradoiros para mulleres
  • Jueves, 30 Abril 2009

Un total de catro obradoiros comporán a programación para o mes de maio planeada pola Concellería de Servizos Sociais do Concello de Cabanas en colaboración coa Oficina I+B de As Pontes. Trátase de obradoiros nos que proporcionar espazos de coñecemento e apoio mutuo e onde poder reflexionar e redescubrise a un mesmo. O persoal técnico de Igualdade da Oficina de As Pontes será o encargado de impartilos. O lugar onde se impartirán será no Antigo Concello e os destinatarios dos mesmos serán as mulleres de calquera idade de Cabanas. 

A primeira destas actividades terá lugar os días 4 e 5 de maio, en horario de 10 a 12 horas e tratarse dun “Obradoiro de Risa”, no que a través do xogo e da diversión aprenderase optimismo e sentido do humor, co obxectivo de acadar a relaxación a través da risa. Os días 11 e 12 de maio, de 10:00 a 12:30 horas terá lugar o “Obradoiro de Habilidades de Comunicación”, cuxo obxectivo será o de aprender a expresarse e falar en público así como negociar nos conflitos. Os días 18 e 19 de maio realizarase o “Obradoiro de Educación para a Saúde”, en horario de 10:00 a 12:30 horas, e con el buscarase dar a coñecer a coidar do propio corpo para así mellorar en calidade de vida. O último dos obradoiros será os días 25 e 26 de maio, tamén en horario de 10:00 a 12:30 horas. Co nome de “Obradoiro de Autoestima” buscarase aprender e coñecerse a un mesmo para así poder valorarse maís. 

Para poder acadar máis información sobre a oferta dos cursos así como apuntarse ós mesmos, poderán achegarse ós Servizos Sociais do Concello de Cabanas ou ben chamar ó teléfono 981 49 59 59.

I Certame Literario Concello de Cabanas
  • Miércoles, 15 Abril 2009

Ante a proximidade da celebración do Día das Letras Galegas, o Concello de Cabanas puxo en marcha o seu I Certame Literario de Narrativa e Poesía. Búscase con esta iniciativa promocionar a creación literaria, ó tempo de servir como estímulo positivo para facilitar unha mellora no eido da literatura e da poesía. No seguinte link poderán descargarse as bases deste certame.

I Certame Literario - Concello de Cabanas

Páginas