Inicio

I Marcha Cicloturista - Concello de Cabanas
  • Martes, 13 Septiembre 2011

A Oficina de Información Xuvenil do Concello de Cabanas en colaboración coa súa Concellería de Cultura e Deportes ten previsto levar a cabo o próximo domingo unha marcha cicloturista polo municipio. Con esta actividade o que se pretende é dar unha alternativa máis de ocio ós máis novos do concello ó tempo que transmitir valores como a importancia do deporte na nosa vida ou o respecto polo medio ambiente.

Esta marcha ten previsto dous percorridos. O primeiro deles, para aqueles rapaces de máis de nove anos, desenvolverase pola beira do río Eume, atravesando pola parroquia de Irís tendo a súa saída prevista dende o antigo campo de fútbol de A Madalena. O total do mesmo será de seis kilómetros, sendo a hora de saída as 10:00 horas e esperándose que se remate ás 12:00 horas. O segundo dos percorridos, para os nenos con idades de entre catro e nove anos, será o longo do Paseo da Madalena, cunha extensión de 1,5 km e estando a súa saída prevista para as 12:00 e o remate da mesma ás 13:00 horas. Ó final da marcha procederase a un sorteo de regalos para todos os participantes.

O prazo de inscrición para tomar parte nesta marcha rematará o día 15 de setembro, xoves, sendo esta gratuíta. Poderase recadar máis información con respecto á mesma no departamento de cultura e deportes do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.

No seguinte enlace poderase descargar o trazado das rutas para empregar en Google Earth:

Marcha Cicloturista de Cabanas

  

Mencer na Escola
  • Martes, 06 Septiembre 2011

O programa de “Mencer na Escola” será posto en marcha un ano máis polo Concello de Cabanas, a través da súa concellería de Servizos Sociais. O que se pretende a través do mesmo e dotar dunha medida de apoio que posibilite a conciliación da vida familiar, persoal e laboral. Trátase dun programa ofertado prioritariamente a aquelas familias que non poden contar con outros recursos da rede social ou non lles resulta práctica a aplicación das medidas legais que existen para a conciliación familiar e laboral, como poden ser os axustes de horario nos centros de traballo ou o reaxuste dos mesmos.

O programa de “Mencer na Escola” está destinado por tanto ó alumnado de educación infantil e primaria do CEIP Eladia Mariño, de Cabanas, que se desenvolverá polas mañás do curso lectivo dende as 7:30 horas e ata as 9:30. Durante o mesmo realizaranse actividades recreativas e socioeducativas para os nenos e nenas, ademais de proporcionar a opción de almorzos saudables a todos aqueles que así o soliciten.

Os interesados en participar neste programa poden facer a súa inscrición no propio centro escolar, onde deberá cubrir a ficha da matrícula correspondente. O prazo para realizar esta inscrición rematará o día 23 de setembro e a actividade empezará o día 3 de outubro. Existen diferentes tarifas dependendo dos días que se empregue o servizo e das bonificacións que se poidan percibir no caso de solicitudes de varios irmáns ou irmás, indo dende os 27 euros mensuais de empregarse de luns a venres o programa sen dereito a almorzo, ou 36 euros no caso de solicitalo, ata os 5,40 euros mensuais empregando o programa un día a semana sen almorzo e 7,20 euros con el.

Actividades municipais 2011
  • Martes, 06 Septiembre 2011

Co fin do verán e o comezo dun novo curso escolar, retómanse tamén as actividades culturais e deportivas organizadas polo Concello de Cabanas. O obxectivo a perseguir volverá a ser o de dar unha alternativa de ocio tanto ós máis cativos do concello como ós maiores, cunha ampla oferta na que poder escoller.

Ximnasia terapéutica e de mantemento, aeróbic, psicomotricidade, predeporte, multideporte, fútbol sala, pilates, ioga, ou tenis son as posibilidades deportivas que se ofrecen, mentres que entre as culturais atópase pintura, bolillos, bailes de salón, inglés, artesanía e manualidades, corte e confección ou música.

O prazo para presentar as inscricións comezará este mesmo luns cinco de setembro, rematando o mesmo o día vinte e tres. Aquelas persoas que xa participaron o ano pasado nalgunha das actividades e que non cambiaron o seu número de conta, non precisan cubrir a ficha de domiciliación bancaria. Os horarios que se incluen nesta información son orientativos, xa que as actividades dependerán de que se acade o número mínimo de inscritos para levarse a cabo (12 persoas por actividade). Para acadar máis información poden dirixirse ó departamento de cultura e deportes do Concello de Cabanas ou ben chamar directamente ó 981 49 59 59.

Folla de inscrición para actividades culturais e deportivas do curso 2011-2012

Folla de inscrición para Escola de Música no curso 2011-2012

Folla de domiciliación bancaria para actividades culturais e deportivas

Folla de domiciliación bancaria para Escola de Música

Horario para actividades de adultos no curso 2011-2012

Horario para actividades de nenos e rapaces no curso 2011-2012

Bando Municipal sobre o Consumo de Auga
  • Viernes, 05 Agosto 2011

DON GERMÁN CASTRILLÓN PERMUY, ACALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS (A CORUÑA)

         FAI SABER:

Que nas últimas semanas vense producindo un descenso considerable da capacidade de extracción de augas por causa da seca que vimos padecendo nos últimos meses. De persistir esta situación verémonos na obriga de realizar cortes no subministro e é por iso que apelamos á responsabilidade de todos, rogando que se extremen as medidas de aforro, y se realice un uso responsable e soidario da auga potable, na que debe ter prioridade o consumo humano, evitando outros usos. É por ese motivo que se tomarán as seguintes medidas:

 

PRIMEIRO.- Recomendar a todos os consumidores e usuarios que eviten todo exceso de consumo de auga potable nos usos domésticos e industriais, adoptando medidas de aforro de consumo.

SEGUNDO.- Cortar o subministro diario de auga ás duchas das praias.

TERCEIRO.- Non utilizar a auga da rede municipal para o enchido de piscinas privadas.

CUARTO.- Evitar a utilización de auga potable procedente da rede municipal para a limpeza de vehículos.

QUINTO.- Prohíbese o rego de parques e xardíns públicos e privados.

SEXTO.- Estender as recomendacións anteriores para os consumos de auga privada, procedente de pozos.

 

Ademais destas medidas, rogamos que calquera veciño/a non dubide en comunicar ó concello calquera situación de avarías ou fugas que poidan ser detectadas. Asemade recoméndaselles ós titulares de actividades nocturnas que permanezan atentos a esta situación, pois de ter que iniciarse os cortes de subministro, empezaranse realizando cortes nocturnos co fin de reducir a afección ó conxunto da poboación en horarios de máxima actividade. Pedimos a máxima colaboración a todos os veciños, pois en gran medida, disto dependerá que en caso de producirse restricións sexan as menos posibles se non gastamos inutilmente un ben tan necesario como é a auga.

 

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Cabanas, 4 de agosto de 2011

O Alcalde,

 

 

Asinado: Germán Castrillón Permuy

Inicio das actividades de verán
  • Miércoles, 20 Julio 2011

No Concello de Cabanas xa se puxeron en marcha as distintas actividades que a través da súa concellería de cultura e deportes pretenden ofertar unha alternativa de ocio para o tempo libre dos máis pequenos. Desta forma ademais das tradicionais Ludoteca e Campamento Urbano, este ano contarase coa novidade dun Campus de Fútbol. Todas estas actividades levaranse a cabo ata o vindeiro 19 de agosto.

No Campus de Fútbol finalmente inscribíronse un total de 35 rapaces con idades comprendidas entre os catro e os quince anos, e o mesmo estase a realizar na Área Recreativa e Deportiva de A Veiga, en horario de 12:00 a 13:30 horas. No que se refire á Ludoteca e o Campamento Urbano hai inscritos un total de 27 rapaces. Vinte deles na Ludoteca, con idades entre os tres e os seis anos e os sete restantes no Campamento Urbano, estes con idades dos sete ós nove anos. Estas actividades celebraranse no Apeadoiro de Cabanas, tendo desta forma os participantes a oportunidade de aproveitar o espazo do piñeiral de A Madalena, unha vez que xa remataron todos os traballos de acondicionamento do mesmo, coa creación de diversos circuítos e a instalacións deportivas.

En todas estas actividades, o Concello de Cabanas está a contar coa colaboración da rede galega de supermercados GADIS, a quen lle queren agradecer a súa implicación un ano máis neste tipo de programación.

Germán Castrillón, Alcalde de Cabanas
  • Sábado, 11 Junio 2011

O candidato do Partido Popular de Cabanas resultou escollido como Alcalde do concello no Pleno que tivo lugar na mañá do sábado para a constitución da nova Corporación Municipal. Castrillón obtivo a maioría dos votos o contar con seis dos once concelleiros que conformarán o novo goberno local.

No seu discurso, Germán Castrillón aproveitou para agradecer o labor desempeñado polos antigos concelleiros así como felicitar ós novos, cunha mención especial para aqueles que se inician agora de novo na actividade política local.

O novo Alcalde de Cabanas quixo no seu discurso recordar a importancia na aprobación no Plan Xeral de Ordenación Municipal como unha ferramenta esencial para un crecemento sostible do municipio, ademais de tratarse este un Plan necesario para dotar de seguridade urbanística tanto á institución municipal como ós propios veciños de Cabanas.

Tamén tivo tempo nas súas verbas o cabeza de lista do Partido Popular para recalcar como obxectivos fundamentais do seu goberno a transparencia e honestidade, atendendo ós intereses de todos e colaborando nas tarefas comúns para construír o mañá, disposto sempre a incrementar a capacidade de diálogo e a busca do entendemento, con respecto ás opinións de todos e invitando a todos os veciños a colaborar na construción deste novo proxecto.

Excusrión a Verín e Chaves
  • Lunes, 06 Junio 2011

A Concellería de Cultura de Cabanas está a preparar unha excursión a Verín e Chaves. A viaxe terá lugar o próximo día 18 de xuño e o autobús partirá do Concello de Cabanas ás 7:30 horas da mañá. A primeira das paradas previstas será en Verín, onde se visitará o Balneario de Cabreiroa, o Castelo de Monterrei e as bodegas da zona. Logo da comida a viaxe continuará, cruzando a fronteira co veciño Portugal para pasar a tarde na cidade de Chaves. O retorno está previsto para saír de Chaves ás 19:00 horas. Máis información sobre a viaxe pode conseguirse no departamento de cultura do Concello de Cabanas ou ben chamando ó 981 49 59 59.

Páginas