Mensaje de error

User warning: The following module is missing from the file system: file_entity. For information about how to fix this, see the documentation page. in _drupal_trigger_error_with_delayed_logging() (line 1128 of /home/cabanas/www/includes/bootstrap.inc).

Cultura (Todo)

O Concello procede ó desbroce e limpeza de cunetas en 14 kms de camiños municipais
  • Miércoles, 29 Marzo 2017

Os traballos, orzamentados en preto de 16.000 euros, lévanse a cabo no camiño da Veiga, de Xabariz e na estrada entre Fonfría e Laraxe

Cabanas, 29 de marzo de 2017. O alcalde de Cabanas, Germán Castrillón, informou esta mañá de que o Concello está a levar a cabo traballos de desbroce e limpeza de cunetas nos camiños municipais. E, máis concretamente, na estrada que une Fonfría e Laraxe e nos camiños da Veiga e Xabariz.

Veciñanza e Concello de Cabanas instalan un centenar de trampas contra a velutina na ruta de sendeirismo celebrada este domingo
  • Lunes, 20 Marzo 2017

No percorrido tomaron parte  máis de 30 persoas de todas as idades

Cabanas, 20 de marzo de 2017. Máis de 30 persoas de diferentes idades –rapaces e adultos- tomaron parte o pasado domingo na ruta de sendeirismo organizada polo Concello de Cabanas, a través da Concellería de Servizos. O obxectivo era claro: aprender máis sobre a vespa velutina; instalar trampas contra esta especie invasora, e disfrutar ó tempo dos incribles paraxes naturais do municipio.

Cabanas pon en marcha a súa ruta do tapeo con propostas culinarias de primeiro nivel
  • Viernes, 17 Marzo 2017

Oito establecementos toman parte na iniciativa, que promove a Concellería de Turismo de Cabanas entre este venres e o 9 de abril

Cabanas, 17 de marzo de 2017. “Tapeando Cabanas”, a ruta do pincho que promove o Concello a través da Concellería de Turismo e en colaboración co sector, arrancaba este mediodía cunhas propostas de primeiro nivel. Son oito os establecementos participantes na proposta, coa que se ofrece disfrutar da localidade e, ó mesmo tempo, da súa gastronomía.

Páginas