Cultura (Todo)

Bando sobre luminarias de San Xoán
  • Viernes, 18 Julio 2014

DON GERMÁN CASTRILLÓN PERMUY, ACALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CABANAS (A CORUÑA)

FAI SABER:

Que estando próxima a celebración da noite de San Xoán, coas tradicionais luminarias, e sendo preciso controlar o cumprimento da normativa vixente, sobre todo en canto á seguridade dos participantes, tendo en conta que segundo o disposto no artigo 1.1º do Regulamento de Servizos das Corporacións Locais, os Concellos poderán intervir a actividade dos seus administrados, entre outros casos, no exercicio da función de policía cando ...

Saúda do Alcalde

fotosaludoalcalde.jpg

 

Estimado/a  Veciño/a:

Cabanas dáche a benvida a través da súa web, un portal próximo a ti que ten un único propósito: establecer un lugar de encontro e unha canle de comunicación transparente entre o Concello e os cicadáns e as cidadás.

Anímote a visitala, a navegar, e a consultar unha páxina web de fácil acceso por medio da cal terás información das actividades do teu Concello.

Gallego

III Torneo de Pádel
  • Martes, 20 Mayo 2014

Logo do éxito acadado en anos anteriores, o Concello de Cabanas a través da súa Concellería de Cultura e Deportes ten pensado levar a cabo unha nova edición do seu Torneo de Padel, que se disputará nas pistas que o municipio ten na Área Recreativa e Deportiva da Veiga durante a semana do 23 ó 29 de xuño. O prazo para inscribirse neste III Torneo de Pádel rematará o próximo 13 de xuño.

Como o ano pasado, o torneo contará con tres categorías diferentes: masculina, femenina e mixta. A categoría de masculina estará dispoñible para participantes de segunda, terceira e cuarta categoría, mentres que a femenina e a mixta serán de cadro único. O prezo de inscrición para tomar parte será de 10 euros de inscribirse nunha soa categoría, e de 15 euros para os que o fagan en dúas.

Bases do III Torneo de Pádel

Folla de Inscrición no III Torneo de Pádel

Aberto o prazo de preinscrición para o P.A.I. de As Viñas
  • Viernes, 16 Mayo 2014

O Punto de Atención á Infancia do Concello de Cabanas abre o seu prazo para a preinscrición para o curso 2014-2015 de xeito que as persoas interesadas en obter unha praza no mesmo poidan presentar as súas solicitudes. O prazo rematará o día 31 deste mes de maio e os interesados poderán recoller os modelos de inscrición nas oficinas do Rexistro Xeral do concello en días laborables, en horario de 10:00 a 13:00 horas.

O Punto de Atención á Infancia é un servizo destinado a axudar á conciliación da vida familiar e laboral e está orientado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 0 e 3 anos. O centro ofertará a posibilidade dun servizo de xornada completa ou media, para desta forma adaptarse da mellor forma posible as necesidades dos pais e nais. Estas prazas están dispoñibles sen limitación de pertenza ó Concello de Cabanas ou limítrofes. Todas aquelas persoas interesadas en solicitar praza no centro de Cabanas poderán atopar toda a información así como os modelos a cubrir nas Oficinas Xerais do Concello, na páxina web www.cabanas.es ou ben conseguir máis información chamando ós Servizos Sociais no 981 49 59 59.

Páginas