Cultura (Todo)

Concello e KDM reforzan o seu vínculo para a promoción de Cabanas como destino principal para os amantes dos deportes náuticos
  • Jueves, 29 Junio 2017

O alcalde, Germán Castrillón, e o presidente do Club, Gumersindo Galego, asinan un contrato de patrocinio por importe de 6.000 euros

Cabanas, 29 de xuño de 2017. O Concello de Cabanas estreita este ano a súa colaboración co Club Cabanas KDM, unha entidade que ten entre os seus principais obxectivos a promoción e fomento dos deportes náuticos no municipio para, en paralelo, potenciar o turismo de litoral.

Construíndo diversidade
  • Miércoles, 28 Junio 2017

Con motivo da conmemoración do "Día das diversidades sexuais" o 28 de xuño de 2017 o Concello de Cabanas únese á campaña que desde a Sección de Servizos Sociais da Deputación da Coruña estase a organizar baixo o lema "Construíndo diversidade" . Trátase dunha campaña de sensibilización sobre a necesidade de xerar unha sociedade igualitaria e xusta, apoiando á diversidade e a liberación sexual que non entende de orientación sexual ou identidade, así como normalizar a comunidade LGTBQI.

35 veciños e visitantes cubriron a Ruta dos Petroglifos o pasado domingo
  • Martes, 27 Junio 2017

Finalmente, 35 veciños e visitantes tomaron parte o pasado domingo na segunda ruta de sendeirismo organizada polo Concello no marco do programa municipal de andainas para descubrir o municipio. Tratábase da ruta circular dos Petroglifos que, con punto de saída en Santa Cruz, discurría por sendeiros de monte ata o lugar de Manxarín. De alí, bordeando o concello veciño de Fene, ata retornar a Santa Cruz. Parroquia na que todos eles podían observar restos arqueolóxicos de gran valor.

Páginas